Imos falar de emocións e de sentimentos dedicándolle a entrada a unhas das persoas das que seguramente nos estamos acordando máis estes días de confinamento... ás avoas e aos avós.
Se pensamos nelas e neles véñennos moitas palabras á cabeza. Dúas delas poden ser...
COIDADO. Fannos sentir queridos e protexidos.
Imaxe do libro Amar de editorial Palabras Aladas. Podedes comentar a imaxe seguindo estas propostas.
Imaxe do libro Amar de editorial Palabras Aladas. Podedes comentar a imaxe seguindo estas propostas.
Aquí vos deixamos dous contos para aprender a coidar nós tamén aos avós e avoas...
e descubrir a unha avoa extraterrestre. Serao realmente? Descubrídeo.
Aproveitade a escoita destas historias para falar deles, observar fotografías ou calquera outra cousa que se vos ocorra, sen esquecervos de manter o contacto diario.
Incluso recordar algún dos contos que vos puideran relatar nalgunha ocasión, como neste vídeo o avó dos Bolechas.
Deixámosvos dous xogos aos que puideron xogar os nosos avós ou avoas na infancia e podemos practicar na casa.
CANICAS CHAPAS
Invitámosvos a ir á Fraga do meu avó da man de Mamá Cabra con esta fermosa canción.
E para rematar as propostas de hoxe, se comezabamos falando de palabras que aparecen no libro Amar, deixámosvos unha receita de amor para coidar o noso interior,
E para rematar as propostas de hoxe, se comezabamos falando de palabras que aparecen no libro Amar, deixámosvos unha receita de amor para coidar o noso interior,
un exercicio de meditación e relaxación: O segredo do corazón,
e unha proposta para alegrar aos demais e mellorar a autoestima: A caixa das felicitacións.
Metede nunha caixa tarxetas nas que escribades ou debuxedes algunha felicitación por algo positivo que faga ou fixera alguén da familia. Ledeas cando o precisedes ou nun día fixo á semana.
Acordádevos dos avós e das avoas.
Estas tres últimas propostas son do programa RETO da mestra e psicóloga Eva Solaz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario