Os seres humanos tamén imos evolucionando ao longo da vida nun proceso no que é importante a implicación de todas as persoas que nos rodean.
Neste conto que seguro que coñecedes descubrimos ese proceso de transformación das bolboretas: Unha eiruga moi larpeira.
A primavera e o verán son boas épocas para criar eirugas.
Neste enlace podedes ver como facelo.
Aínda que pareza sorprendente, hai nenas ou nenos como Mara, a protagonista deste conto que fixo que lestes, que teñen orellas de bolboreta.
Mara é especial e nada nin ninguén conseguirá restar valor ás súas cualidades porque a súa nai deulle a clave para sobrelevar de forma positiva calquera situación: autoestima, imaxinación e espontaneidade.

Nesta historia descubrimos a importancia da tolerancia
Imaxe do libro Amar de editorial Palabras Aladas.
Podedes comentar a imaxe seguindo estas propostas ou premendo na imaxe.
e da empatía.
Imaxe do libro Amar de editorial Palabras Aladas.
Podedes comentar a imaxe seguindo estas propostas ou premendo na imaxe.
A empatía é a capacidade de sentir o que outra persoa sente, comprendela, non xustificala ou estar de acordo con ela.
As neuronas espello fan posible que poidamos comprender os estados emocionais doutras persoas.
A empatía require en primeiro lugar capacidade de escoita, escoita activa, do que tanto falamos na escola.
As persoas ás veces non necesitamos que nos solucionen os problemas, senón só que nos escoiten e sentirnos comprendidas.

Invitámosvos a practicar a escoita coa audiciòn dunha canción cantada por unha bolboreta.
Si, unha bolboreta que nos visitou o curso pasado na escola, Lydia Botana: Túa nai é unha meiga.
André Neves, o ilustrador de Orellas de bolboreta, utiliza a técnica da colaxe neste conto.
Animámosvos a realizar un con forma de bolboreta. Podedes utilizar calquera cousa que teñades pola casa.
Relaxémonos e bailemos nunha sesión de ioga movéndonos como bolboretas.
Rematamos hoxe co Conto da bolboreta de Jorge Bucay, dedicado a todas as nais que sempre vixiantes deixan que os seus fillos e fillas se equivoquen, reflexionen e busquen solucións por si mesmos para que sexan cada día persoas máis autónomas.
Moi boa ponte e lémonos en maio!
Para seguir escoitando música nestes días, un agasallo de Radio Picariña. Clicade na imaxe para acceder a centos de cancións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario