Estamos no proceso de "desescalada" e esperemos que a partir do próximo luns entremos na fase 2, pero debemos seguir coidándonos e respectando as normas que nos fixan para protexernos e continuar avanzando.
Hoxe aportamos algúns recursos para informar e formar neste proceso.
Nesta historia con pictogramas explícase o que se pode ir facendo en cada unha das fases da desescalada. Podedes descargala aquí.
Na desescalada convén seguir coidando a parte emocional para evitar que as emocións queden confinadas. Nesta guía de Vanesa Bielsa atoparedes reucursos para expresalas de forma saudable e divertida.
Aínda que o normal é que as pequenas ou grandes xenreiras vaian a menos ao poder saír e cada vez durante máis tempo, deixámosvos estas pautas de como abordalas pensadas para os nenos e nenas con TEA pero que son aplicables coas adaptacións precisas á todxs.
Premendo na imaxe, podedes acceder a unhas pautas que nos fai a psicóloga Teresa Reigosa para atender o malhumor, vía aulasgalegas.
Desde hoxe, a máscara é obrigatoria para todas as persoas maiores de 6 anos, recomendándose, ademais, o seu uso para as nenas e nenos de entre 3 e 5 anos, na vía pública, espazos ao aire libre e espazos fechados de uso público ou que estean abertos ao público, sempre que non sexa posible manter a distancia mínima interpersoal de 2 metros.
Ademais, non será obrigatoria a súa utilización para aquelas persoas con dificultades respiratorias que poidan verse incrementadas co seu uso e para aquelas que pola súa situación de discapacidade ou dependencia presenten alteracións de conduta que faga inviable a súa utilización.
Así, no estarían obrigadas as personas que sufran asma, alerxia, ansiedade, trastornos do espectro autista ou demencias, entre outras doenzas.
Compartimos este vídeo do Salón Virtual do Libro de Pontevedra onde se nos fai unha proposta creativa con elas que apode axudar a motivar cara ao seu uso.
Algunhas estratexias que poden axudar a que os nenos e nenas leven máscaras son:
- Explicar a necesidade do seu uso dunha forma clara e apropiada á súa idade. Os contos sobre o coronavirus ou presentacións como a primeira desta entrada poden axudar.
- Dar tempo a que se familiaricen con elas: practicar o uso, explicar como poñela e como sacala.
- Animar, como no vídeo, a decorala e personalizala dependendo do tipo que sexa.
- Introducilas nos xogos: xogar a médicxs ou enfermeirxs; facer teatro.
- E sempre, transmitir tranquilidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario