Desde o comezo do confinamento, milleiros de persoas asómanse cada tarde ás ventas das súas casas para agradecer o labor de todos os profesionais que nos están axudando, especialmente do persoal sanitario, mediante aplausos.
Segundo transmiten por distintos medios, eses aplausos chegan, emocionan, reconfortan e sérvenlles de impulso e motivación para seguir traballando diariamente.
É moi importante tamén que motivemos aos nosos fillos e fillas, conseguindo que sexan conscientes das dúas capacidades e cualidades, valorando e facendo que por si mesmos/as valoren todo o proceso realizado.
COMO PODEMOS MOTIVAR?
- Agradecer. Un dos mellores alumiños ou afagos é agradecer a colaboración,
- Centrárse no proceso máis que o obxectivo final para favorecer a curiosidade e as ganas de esforzarse e de aprender: "Vexo que te esforzaches" vs "Que ben che quedou".
- Reforzar á conduta, non a persoa, para
- non transmitir que os/as queremos por facer ben as cousas O amor é incondicional.
- favorecer unha motivación interna.
- que comprendan que se pode mellorar e avanzar.
- Facer observacións concretas: "Gústanme moito as cores que utilizaches" vs "Que debuxo tan bonito fixeches".
- Realizar preguntas. Non é un aloumiño, pero pode ser máis útil e valioso, porque fomenta a valoración do propio traballo.
A motivación interna axuda a nenos e nenas a controlar, regular e facerse responsables da súa conduta ou dos seus actos.
Esta nace do interior, do desexo, a curiosidade e a responsabilidade por un mesmo. As persoas fan algo porque realmente lles interesa, porque interiorizaron un valor e porque cren que o deben facer independentemente do que pensen os demais ou as recompensas que poidan recibir.
AS FRASES AFAGADORAS/ADULADORAS
Convén utilizalas de forma ocasional ou eliminar.
- Xenial, mereces un premio!
- Estou orgullosa de ti!
- Estupendo, fixéchesme caso!
- Moi ben, xusto o que esperaba!
- Fixéchelo como che dixen, perfecto!
AS FRASES MOTIVADORAS
Convén usalas diariamente
- Esforzácheste moito, merécelo.
- Debes estar moi orgulloso de ti.
- Como te sintes por isto?
- Fixéchelo ti só/soa!
- Sei que aprendes dos teus erros!
- Estou segura de que encontrarás a solución)
E sempre motivan e reconfortan...
As apertas
Animádevos bailar unha rumbaAs apertas
Ou a deixalas voar.
Compartir tempo
Preparando e degustando unhas pastas
Lendo en familia
Vendo unha curta e falando sobre ela
Indo de concerto
Relaxándose
Descubrindo o que ocorre detrás do escenario dun circo
E sobre todo... vivindo!
Boa fin de semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario