xoves, 2 de abril de 2020

XOVES 2 _ QUE PODEMOS FACER HOXE?

Xoves... seguimos na casa coas nosas rutinas.

Hoxe 2 de abril, queremos invitarvos a participar no Día Mundial de Concienciación sobre o autismo
Preme aquí para acceder á información nunha entrada do blog.

Ademais,propoñémosvos, como xa o fixeramos nalgunha entrada anterior, FACER UN DIARIO deste tempo de corentena.

Para axudarvos, deixámosvos un modelo adaptado dun que nos achegou a mestra Teresa.
Podedes descargalo en pdf aquí.


Unha das propostas que nos fan é escribir ou debuxar nun bote como nos sentimos.

O BOTE DAS EMOCIÓNS
A partir desta idea, invitámosvos a que cando botedes de menos a algunha persoa nestes días, lles preparedes un agasallo (un debuxo, unha poesía, un conto, un moneco, un vale por unha aperta...) e o metades nun bote ou nunha caixa para entregarllo cando a volvades ver de novo. 
Podedes facer un para cada membro da familia.

Idea de Menud@s Maestr@s. Vía Orientación Condesa.
Grupo De Los Siete Tarros De Cristal Vacíos Diferentes Para ...

A ÁRBORE XENEALÓXICA
E falando de familia... 
por que non investigades sobre a vosa e facedes unha árbore xenealóxica?


Xenealoxias do Barbanza
PAXAROS DE PAPEL
E xa postos, podedes intentar facer algún paxaro de papel para decoralo.
Neste enlace hai exemplos de moitas aves diferentes.



Tedes máis ideas para pasar o tempo en ABIBLIODENÓS e en MUSIQUEANDONOCEIPJUANADEVEGA, pero recordade ... 
SEMPRE NA CASA!! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario