Desde 2007 e a proposta da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, os 2 de abril celébrase o Día Mudial de Concienciación sobre o Autismo.
A súa finalidade é poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con transtorno do espectro do autismo (TEA).
Este ano o lema elixido é "Podo aprender. Podo traballar", para poñer de relevancia que dúas das áreas fundamentais para a inclusión e para conseguir esa mellora da calidade de vida destas persoas, como de calquera outra, son: a educación e o emprego.
Os principais obxectivos desta campaña son:
- Aumentar a concienciación sobre o autismo na sociedade e promover unha mellor comprensión do trastorno para incluír e apoiar ás persoas con TEA.
- Mellorar o acceso á educación e o emprego para este colectivo.
- Conseguir o compromiso dxs representantes políticos para facer efectivos os dereitos das persoas con TEA nestes dous ámbitos principais.
COMO PODEMOS APOIAR A CAMPAÑA?
- Elixe unha ferramenta que represente unha das túas habilidades e suxéitaa coa man. Podes descargar algunhas aquí.
- Fai unha foto, un vídeo ou un gift sostendo ou usando a ferramenta.
- Compárteo nas túas redes sociais xunto co cancelo #DiaMundialAutismo
Tamén podes descargar os carteis, colorealos ou facer o teu propio. Animámosvos a pegalos nas ventás.
Deixámosvos tamén dúas guías con pautas e recursos para afrotar o illamento con persoas con TEA.
- Desde Autismo Sevilla: 10 pautas fundamentais para pasr tempo en casa co teu familiar con TEA.
Podedes acceder premendo na imaxe.
- Como afrontar o illamento en casa con menores con discapacidade e transtornos do desenvolvemento, da Dra. Ruth Candela Ramírez. Pdf aqui.
Ningún comentario:
Publicar un comentario