Aquí van algunhas propostas para hoxe. Algunhas delas, ao igual que outras dos días anteriores, podes incluílas nas túas rutinas diarias se che gustan.
DIARIO DAS EMOCIÓNS
Nestes días nos que estamos vivindo unha experiencia completamente inusual, é importante que identifiquemos as emocións que sentimos para poder afrontalas correctamente.
Desde aulasgalegas.org propóñennos facer un diario das emocións. Unha moi boa idea!
Podemos escribilas ou debuxalas. Aquí tes un modelo.
MÚSICA, BAILE
Segue as propostas de María, a mestra de Música, para cantar, bailar, divertirse... no seu blog: MUSIQUEANDO NO CEIP JUANA DE VEGA
MANUALIDADES
Aínda que o mellor regalo sempre é unha boa aperta, nesta páxina podes atopar ideas para regalar ao teu pai, ao teu avó, a tía Pepa, ao tío Xosé... a quen queiras!!
MOVÉMONOS
- Xogamos con pegadas. Debuxa unhas pegadas en papel e pégaas no chan facendo un circuíto, podes complicalo todo o que queiras.
- A carretilla. Podemos complicalo se ademais temos que facer unha construción ou quebracabezas sinxelo, collendo as pezas nunha parte da casa e levándoas a outra.
- Imitamos animais: gorilas, ras, tartarugas...
COCIÑAMOS
Preparamos unha merenda saudable. Aquí encontrarás 33!!
Porque algunha larpeirada tamén hai que comer... nesta páxina podes atopar 17 receitas de tortas fáciles de preparar. Para sorprender a quen ti queiras!!
LEMOS, VEMOS, APRENDEMOS...
Na Biblioteca Dixital Mundial tes acceso gratuíto a libros raros, manuscritos, fotos ...
IMOS DE MUSEO
Hoxe propoñemos unha visita virtual ao museo. A escoller... será por museos!!
- Visita virtual do Museo do Louvre
- Visita virtual do British Museum
- Visita virtual do MET
- Visita virtual do Hermitage
- Visita virtual da National Gallery of Art
- Visita virtual da Acrópolis de Atenas
ACURTANDO DISTANCIAS
O CEIP Manuel Masdías propón que cada neno ou nena elabore un guión en galego cun saúdo, explicando como te sintes, o que fai para pasar o tempo e unha despedida. O pai, a nai ou un adulto gravarao para despois compartir. Anímate!!
Vía aulasgalegas.org
E recorda que se nalgún momento te aburres... é que estás nun proceso creativo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario