martes, 17 de marzo de 2020

MARTES 17_ QUE PODEMOS FACER HOXE?

Comezamos seguindo as rutinas diarias; é moi importante mantelas.

Dentro delas e, preferentemente pola mañá, seguindo as pautas do profesorado, dedicar o tempo preciso para realizar as tarefas propostas. Se temos dúbidas, resolveránnolas a través dos medios fixados.

Estes días serán un bo momento para reforzar a colaboración nas tarefas da casa. Nestes enlaces encontraredes:


PROPOSTAS

RELAXÁMONOS

Por que non comezar con unha sesión de ioga?
Podemos incorporala á rutina diaria ou utilizala nos momentos en que vexamos que aumenta o nerviosismo.

Mindfulness. O libro "Tranquilos y atentos como una rana" de Eline Snel recolle moitas propostas.
En youtube podemos atopar moitos vídeos explicativos.



Esta actividade podemos completala ou combinala noutro momento pintando mandalas

E... por que non crear o noso propia mandala?


AS VENTÁS

Hoxe loce o sol en Oleiros!! Non podemos saír, pero si mirar pola ventá e xogar con elas.
  • As ventás como marco de xogo.
  • Mirando pola ventá podemos xogar ao: vexo, vexo (cousas de cor ...; cousas que empecen ou rematen por ...); se podemos ver matrículas (lemos os seus números; sumamos, restamos, multiplicamos... os números da matrícula; substituímos os números por cores e lémolas...); adiviñamos o que vemos mediante preguntas ás que podemos responder só cun si ou un non ...)
Resultado de imaxes para: ventanas juego

XOGAMOS

Hoxe propoñemos xogos con cartas.

MOVÉMONOS


CANTAMOS
  • Karaoke
  • Adiviñar cancións.
  • Inventar cancións.
TEATRO

O centro de documentación teatral invítanos a asistir a unha función de teatro sen saír da casa.
Apúntate!!

Resultado de imaxes para: teatroteca


COCIÑAMOS



E se queredes máis propostas no blog da biblioteca... moitas máis!!

Resultado de imaxes para: biblionos



AH! Recordade manter contacto coa familia e coas amizades!

Podemos ir sacando fotografías do que imos facendo para compartir ou para o noso diario persoal desta experiencia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario