luns, 21 de setembro de 2020

INFORMACIÓN

Esperamos que a incorporación ao colexio fose a mellor posible dentro das circunstancias que nos están tocando vivir.
De seguro que entre toda a comunidade educativa conseguiremos que todo vaia ben.

Neste curso vai haber algunhas novidades en canto á forma de comunicarnos co departamento de orientación.

Por unha parte, a partir de agora o correo electrónico para poñerse en contacto será o seguinte:
justomlema@edu.xunta.gal.

En calquera caso, sempre que sexa posible é preferible tramitar a intervención do departamento a través das titorías.

E por outra, proximamente abriremos un novo blog dentro da páxina web do centro.

Coma sempre facédenos chegar calquera suxestión ou preocupación e intentaremos axudar da mellor maneira que poidamos.

Co desexo de que teñamos un moi bo curso, seguimos en contacto a través da plataforma corporativa da Consellería de Educación.



Ningún comentario:

Publicar un comentario