Mais tamén de lugares que nos gusta ver e polos que nos gusta pasear.
Un dos preferidos para moitos de nós é... o mar, o mar de Galicia.
FALAMOS
Vendo as imaxes podemos falar e comentar o que vemos, as profesións que aparecen, o que sentimos, o que nos transmiten, así como os nosos recordos e as nosas vivencias co mar de fondo.
FALAMOS
Vendo as imaxes podemos falar e comentar o que vemos, as profesións que aparecen, o que sentimos, o que nos transmiten, así como os nosos recordos e as nosas vivencias co mar de fondo.
ESCOITAMOS
Antonio García Teijeiro recítanos desde a súa casa en Vigo uns poemas do seu poemario "Palabras do mar" (Embora, 2015), polo que obtivo en 2017 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (do Ministerio de Cultura).
Podes descubrir máis da súa vida aquí.
Escoitáde os poemas e intentade memorizar algúns deles, así como descubrir as palabras que se esconden no último que recita.
XOGAMOS
O mar é tamén fonte de pracer e de xogo.
Mentres non poidamos bañarnos e mergullarnos nas augas da nosa praia favorita propoñémosvos dous xogos pensando no mar:
- Xogos na bañeira: facer pompas de xabón, escoitar música, experimentar observando o que ocorre ao meter na auga un cubiño de xeo, facer figuras coa espuma, xogar con utensilios de cociña como un coador, unhas culleres ...
- Afundir a flota. Un bo xogo para traballar a percepción espacial, a motivación, crear estratexias, desenvolver a lóxica e repasar números e letras. Podedes obter unha folla coas cuadrículas aquí ou debuxar a vosa propia. Recordade marcar un barco de 4 cadros, dous de 3, tres de 2 e catro de 1, procurando que non estean xuntos.
CREAMOS
Animámosvos a compartir un momento xuntos facendo dúas actividades creativas.
- A primeira consiste en crear a partir dos marabillosos peixes de César Manrique os vosos propios con calquera material que teñades pola casa. Vía borraghanchos.blogspot.
- A segunda propónnola a mestra Mada. Descargade de balde a aplicación de realidade aumentada Barcy que precisa rexistrarse cun correo electrónico. Colorea con ceras o debuxo que prefiras; hoxe recomendamos o primeiro por estar falando do mar. Coloca o móbil sobre o debuxo e descubre o que ocorre. Podedes descargar as plantillas aquí.
IMOS DE VISITA
Invitámosvos a ir ao Museo do Mar en Vigo meditante estas visitas en 3D para coñecer máis dos noso mar.
Preme na imaxe para entrar na exposición Galicia Mare Nostrum. Tamén podes ver 25 séculos de oceanografía, A conquista do mundo submarino ou A pesca en Galicia.
MERGULLÁMONOS
E despois de tanto viaxar, imos rematar relaxándonos escoitando o fondo do noso mar aprendendo a respirar.
"Os exercicios de respiración optimizan o desenvolvemento cerebral dos nenos e nenas para mellorar a súa atencióin e reducir o efecto do estrés" Daniel Goleman.
Propoñémosvos o exercicio "A onda do mar", recollido no libro Respira de Inês Castel-Branco. Con este exercicio trabállase a respiración abdominal. Facede uns barcos de papel, imos necesitalos.
Debemos estirarnos coas costas no chan, os ollos pechados e os brazos relaxados ao lado do corpo. Colocamos unha barca de papel sobre a barriga e imaxinamos que somos unha onda do mar. podemos poñer unha man sobre a barriga e outra sobre o peito, para asegurarnos que movemos a barriga e non o peito. O aire entra e chega á parte baixa dos pulmóns, dilatando o diafragma. Ao exhalar, a barriga desaparece.
Este é un exercicio que podemos facer cando nos custe quedar dormidos ou teñamos algo de estrés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario