Coma todos os días, comezamos coa rutina diaria: asearse, vestirse (quita o pixama!!!), almorzar, axudar na casa, revisar as tarefas que me propoñen na web do cole, facelas e organizar o resto do día.
Estas son as propostas de hoxe para axudarvos a pasar o día.
SEGUIMOS ATENDENDO ÁS NOSAS EMOCIÓNS
OLA, QUE TAL ESTOU é un documento que comparte con nós a mestra Aurora que nos pode axudar a identifica como nos sentimos, o que podemos facer para sentirnos mellor e valorar todo o bo que temos, para intentar ser o máis felices posible.
Podedes descargar o documento aquí.SOMOS POETAS
Aínda que non poderemos ir este ano a Xapón aos Xogos Olímpicos, si podemos seguir aprendendo cousas dese país, sobre o que xira o proxecto do centro
Hoxe propoñemos escribir ou facer con imaxes un haiku.
Segundo a tradición, os haikus escríbense en tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas. Adoitan facer referencia á escenas da natureza ou da vida cotiá.
Mira pola ventá, que ves?; pensa en como te sentes; que estás facendo?... tes moito sobre o que escribir. Ilústrao e compárteo con quen queiras.
EXPERIMENTAMOS EN TEMPO DE CORONAVIRUS
Alumnado do Grao de Educación Primaria da Universidade de Salamanca propóñennos realizar decenas de experimentos na nosa casa. Preme nas imaxes para acceder a eles. Están clasificados por cursos e cada un ten instrucións e acceso a vídeos explicativos.
IMOS DE MUSEO
Hoxe recomendamos o Museo Reina Sofía e o Museo do Prado.
E REMATAMOS ... RÍNDONOS
A risa ... a mellor desestresante 5 xogos para facer en familia e soltar unhas gargalladas!!
Vía orientafer.blogspot
E REMATAMOS ... RÍNDONOS
A risa ... a mellor desestresante 5 xogos para facer en familia e soltar unhas gargalladas!!
Vía orientafer.blogspot
Ningún comentario:
Publicar un comentario