martes, 24 de marzo de 2020

MARTES 24 _ QUE PODEMOS FACER HOXE?

Hoxe, martes, despois de seguir as rutinas diarias, queremos continuar propoñéndovos varias actividades para seguir coidando a nosa parte emocional que se recollen no documento Retrincos de cores, publicado no día de onte polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que nos trasladou unha mamá do centro.
Podedes descargar o documento en pdf aquí.

Nel faise unha moi boa recomendación: debuxar e escribir como o mellor modo para que os problemas se fagan cada vez máis pequenos, para podelos dominar.

Algunhas das propostas que nos fan son:
  • Debuxar a árbore dos desexos e/ou escribilos.
  • Escribir o nome das persoas que son importantes para un.
  • Debuxar ou escribir como te sentes.
Ademais recóllense orientacións moi interesantes para pais, nais e persoas educadoas comprometidas coa educación emocional dos nenos e nenas.


MOVÉMONOS
Agora que xa coidamos das nosas emocións, podemos... movernos un pouco.
A Academia de triatlón de Valdemoro ofrece diariamente unha sesión de actividade física.
Apúntate!


MOVÉMONOS MÁIS E CANTAMOS 
No blog de música, María déixanos varias propostas moi interesantes para movernos e cantar.
Ánimo!!
Preme na imaxe para acceder.

APRENDEMOS TRUCOS DE MAXIA
O coruñés Luis Piedrahita ensínanos no seu instagram como facer trucos de maxia na nosa casa.
Accede a el aquí.
Anímate!!!


PRACTICAMOS LINGUA DE SIGNOS
Algúns e algunhas de vós estades aprendendo no colexio Lingua de signos.
Continúa practicando cos vídeos que podemos atopar en youtube.
Neste podemos aprender a saudar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario