luns, 23 de marzo de 2020

INSTRUCIÓN 19 DE MARZO DE 2020

O 19 de marzo de 2020 o Ministerio de Sanidade publicou unha instrución que permite ás persoas con discapacidade, que teñan alteracións condutuais, como por exemplo persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, o cal se vexa agravado pola situación de confinamento derivada da declaración do estado de alarma, e a un a compañante, a circular polas vías de uso público, sempre e cando se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio.

Resultado de imaxes para: AUTISMO

Aínda que a norma non establece nada ao respecto, Autismo España recomenda para xustificar esa necesidade que a persoa leve consigo esta documentación:
  • Certificado oficial de recoñecemento de Discapacidade, no caso de tela recoñecida.
  • Prescripción de profesionais sanitarios ou sociais, no caso de dispor del.
  • Copia da Instrución de 19 de marzo de 2020. Acceso aquí.
  • Informes médicos, psicolóxicos ou sociais complementarios nos que se describan as necesidades individuais e/ou a existencia de dificultades condutuais, no caso de dispor deles.


Ningún comentario:

Publicar un comentario