A web ATOPA é un proxecto da Asociación Teavi que pretende servir de axuda na atención a alumnado diagnosticado con TEA, mediante a utilización de instrumentos sociométricos (pendentes de publicar) e con propostas de intervención en función dos resultados, organizados por etapas educativas, coa finalidade previr situacións de rexeitamento e illamento que pida ter ese alumnado.
Na páxina xa se pode acceder ás propostas de intervención, así como a unha guía que explica a base teórica sobre as probas sociométricas e a súa interpretación.
Nas propostas de intervención, recóllense dinámicas, vídeos e publicacións para traballar a educación emocional e a educación en valores, ademais da cohesión do grupo a xestión da aula e a potenciación do traballo colaborativo e cooperativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario