Como complemento a entrada anterior, recollemos unha serie de pautas, guías e recursos relacionados coa Educación afectivo-sexual.
Por que debemos falar sobre sexualidade?Os nenos/as e adolescentes, teñen curiosidade por natureza, polo que obterán as respostas ás súas preguntas.
O problema é de quen, de que forma e como. Será a información correcta para evitar danos e/ou desinformarlos aínda máis?
É valioso e fundamental que os adultos lles dean información, falándolles aberta, concretamente e en forma honesta sobre estes temas que son importantes na súa vida. Se evitamos falar de temas emocionalmente delicados eles/as aprenderán a gardarse as súas preocupacións, se ignoramos temas como o aborto, a masturbación, a pornografía, a SIDA, o sexo en xeral, conseguirán información de alguén máis, talvez os seus amigos/as, quen estarán en iguais ou peores condicións que eles ou de internet, podendo obter información distorsionada ou acceder a paxinas con contidos non adaptados á súa idade.
-Temos que ter a información suficiente: antes de ofrecer un consello sobre determinado tema debemos informarse sobre os mesmos.
-Debemos ser confiables: evitar esaxerar a verdade para causar impresión ou deformar a verdade para evitarlle incomodidade ao menor ou a nós mesmos.
-Sexamos breves e claros, utilizando unha linguaxe adapatada á súa idade.
-Respectemos á súa opinión: interesarse polo que pensan no canto de dicirlles que deben facer ou opinar.
-Evitemos enfadarnos: se perciben que estes temas nos poñen de mal humor, sentirán menos confianza en nós evitando formular as súas preguntas.
-Convén que examinenos as nosas propias actitudes, os nosos sentimentos sobre os temas sexuais.
-Mostremos unha actitude amorosa: contribúe a que entendan mellor e poidan enfrontarse a temas que lles provocan confusión ou temor.
Para ter en conta:
-Canto máis pequenos/as sexan é mellor para comezar a falar.
-O que ignoran pode danalos.
-Se un non contesta buscarán outro lugar.
-Esforzarse para ser adultos "preguntables".
-Demostrarlles confianza en nós e eles mesmos; evitar xulgar, rirse ou castigar.
-Mostrarnos gustosos de que nos pregunten.
-No sexamos dramáticos.
-Se evitamos os temas, afaranse a gardarse as súas preocupacións
PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN
Estas son pautas xerais que convén seguir para tratar a educación afectivo-sexual coas rapazas e rapaces: EDUCAGÉNERO: Educación sexual, género e convivencia
Recompilatorio de guías e materiais didáctico para a educación afectivo-sexual para secundaria, no blog "Entre pasillos y aulas", do que se pode obter información de interese tamén para o alumnado de primaria.
Materiais recollidos no apartado de Educación afectivo-sexual da páxina do MECD.
Aula Virtual do CEP Castilleja de la Cuesta con materiais sobre o tema.
Recompilatorio "Educación sexual y familia" do blog + Educación por favor.
La educación sexual de la primera infanciaGuia do MECD para familias e profesorado de E. infantil
La educación sexual de niñas y niñoas de 6 a 12 años.Guia do MECD para familias e profesorado de E. Primaria.
¿Hablas de sexualidad con tus hijas e hijos?Programa de prevención de embarazos na adolescencia, con información válida a ter en conta con menores.Federación de Planificación Familiar de España.
PARA O PROFESORADO
Mi papá me mima, mi mamá patea la pelota.
Del sexismo a la iguadad. Proxecto Nemesis. Fundación Mujeres.
Programa de eduación Afectivo-Sexual no ámbito escolar.
Yo cuento, tú pintas, ella suma. Principado de Asturias
Recursos e información facilitada por AGaSEX, da rede e do blog de Esc. Carmen Vera Arenas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario