Servizos Sociais pon en marcha o programa “FAMILIAS INQUEDAS” dirixido ás familias, centrado en charlas e obradoiros principalmente, cun enfoque principalmente preventivo co obxectivo de evitar problemas ou conflitos cos nosos fillos e fillas no futuro.
Empezará a programación deste ano cunha charla e un obradoiro sobre a adolescencia.
CHARLA ABERTA:
“Adolescencia. Unha mirada dende a empatía”
Xoves, 21 de marzo de 2019, ás 20:00 h no Auditorio da Fábrica
Nesta charla falarase desta etapa da vida, trascendental na evolución e desenvolvemento dos menores, e que, á vez, é orixe de moitos problemas na comunicación e na convivencia diaria.
A visión que se ofrecerá será dende a empatía, dende a comprensión e o coñecemento da orixe das situacións características desta etapa. Para poder apoiar e acompañar é importante comprender e coñecer.
OBRADOIRO:
“Acompañando na adolescencia”
O obradoiro Iiniciarase o mércores, 27 de marzo, en horario de 19:00 a 21:00 horas e ao longo de 8 sesións que se desenvolverán nas aulas do Centro Municipal de Artes Escénica en Perillo.
As inscricións para este obradoiro serán, a partir do venres 22 de marzo ás 10:00 h, a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, na carpeta de cidadáns e empresas en trámites on-line.
Este obradoiro contará cunha metodoloxía vivencial, con dinámicas participativas e nas que o humor estará sempre presente, porque aprender non está reñido coa diversión.
Tanto esta charla como o obradoiro estarán a cargo de Sara Vierna e Virginia Pañeda, integrantes de Almas Meraki, expertas en educación emocional, xénero e no traballo con adolescentes,
Ningún comentario:
Publicar un comentario