As súas manifestacións máis frecuentes son:
- Dificultade en prestar atención suficiente aos detalles ou incorren en erros, por descoido, nas tarefas escolares, no traballo ou noutras actividades.
- Con frecuencia cústalles manter a atención en tarefas ou actividades lúdicas.
- A miúdo non escoitan cando se lles fala directamente e a súa mente parece que está noutro lugar.
- Cústalles seguir as instrucións e non rematan as tarefas escolares, encargos e obrigas no ámbito do traballo escolar.
- Dificultades para organizar as tarefas e as actividades.
- Normalmente evitan ou resístense a realizar tarefas que requiren un esforzo mental continuado.
- Adoitan extraviar obxectos necesarios para as tarefas ou actividades.
- Distráense con estímulos irrelevantes.
- Acostuman a ser descoidados nas actividades diarias.
Desde esta entrada pódese acceder a distintos documentos e guías con pautas para favorecer o desenvolvemento da capacidade da atención, así como unha serie de estratexias que podemos seguir como pais-nais e docentes, ao tempo que llas podemos proporcionar ao rapaces e rapazas para manexarse con éxito nas distintas actividades que realicen.
Algunhas das orientacións básicas que podemos seguir desde o ámbito familiar están:
- Unificar criterios entre as persoas adultas da familia.
- Fixar normas e límites: claros, poucos e ben definidos.
- Ter unhas rutinas diarias fixas.
- Servir de modelo de conduta reflexiva na realización de tarefas.
- Ter un lugar de traballo fixo con todo o material que se precise no lugar correspondente.
- Fragmentar as actividades a realizar.
- Realizar unha actividade de cada momento. Evitar cambiar de actividade antes de rematar a anterior.
- Intercalar tarefas de maior concentración con outras que exixan menos.
- Habituar a usar a axenda escolar.
- Reforzar todas as condutas positivas.
- Desenvolver unha autoestima axeitada.
- Limitar o tempo de uso de pantallas.
- Favorecer a realización de actividades ao aire libre e con iguais.
- Coordinarse co profesorado do centro.
Como traballar a atención dos nosos fillos e fillas?
Acceso ao recompilatorio de Orientación Condesa sobre TDAH, con guías para as familias e o profesorado.
Fonte: Protocolo de consenso sobre TDAH na infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario