O período de confinamento provocou que todos utilizásemos e utilicemos as pantallas (televisión, móbiles, tabletas, ordenadores e videoxogos) moito máis tempo do habitual e do recomendable.
A desescalada na que estamos permitirá ter opción doutras actividades ao aire libre, desconectar das pantallas e relaxar a vista.
Aínda así, no que queda de curso teremos que facer uso delas, polo que recollemos unha serie de recomendacións para unha utilización eficaz:
- Seleccionando programas educativos de calidade en función da idade dos nenos e nenas.
- Utilizando, se é posible, o dispositivo de forma conxunta. Hai evidencias de que o tempo compartido mirando as pantallas favorece a aprendizaxe de novas palabras e permítenos dirixir a atención cara a un contido específico, falando sobre o que se ve ou reforzando algo relacionado coa vida diaria.
- Evitando ter unha actitude inflexible no uso de pantallas. No seu lugar podemos transmitir que é saudable e que non.
- Se é preciso, usándoas para manter contacto coa familia e amizades. Esta é unha forma saudable de utilizar as pantallas en todas as idades.
- Combinando estas actividades con outras sen pantallas (pasear, xogar, falar, ler, correr...); estas últimas axudarán a manter a saúde mental e física.
- Ensinando hábitos saudables cos dispositivos: establecendo tempos de descanso mediático e propoñendo espazos sen dispostivos, incluso para nós mesmos.
- Dando exemplo.
- Axudando a ser críticos/as e coñecer mellor os recursos de internet.
Aínda así, psicólogos sinalan que as tecnoloxías tiveron puntos positivos durante o confinamento:
- Entretiveron (deporte, series, xogos...)
- Permitiron que mantivésemos contacto cos demais.
- Foron e son unha ferramenta moi importante a nivel educativo.
A nivel de saúde, o abuso de pantallas ten os seus efectos: poden provocar problemas de conciliación de sono, debido á exposición da luz azulada e a alteración na secreción da melatonina; favorecen o autoillamento social e producen irritabilidade.
Un uso excesivo de pantallas pode levar tamén a un aumento da miopía nos xoves e a unha idade máis temperá.
Así, convén:
- Fixar un horario en función da idade. A Asociación Americana de Pediatría (APP) en 2018 deu estas recomendacións de uso de pantallas ao día segundo a idade:
- ATA OS 18 MESES, CONVÉN EVITAR A EXPOSICIÓN.
- DE 2 A 5 ANOS, LIMITAR O USO ENTRE MEDIA HORA E UNHA HORA AO DÍA.
- DE 5 A 12 ANOS, É NECESARIO ACOMPAÑAR E SUPERVISARS SEMPRE, PODENDO ESTAR ENTRE UNHA HORA E HORA E MEDIA AO DÍA.
- NA ADOLESCENCIA, A NOSA LABOR É MÁIS DE GUÍA E EDUCAR NO USO RESPONSABLE E SAUDABLE DAS TECONOLOXÍAS.
- Non expoñerse a elas dúas antes de deitarse.
- Descansar cada certo tempo e acordarse de mover as pálpebras de forma voluntaria, xa que a exposición ás pantallas produce unha gran sequidade ocular porque inconscientemente diminúense os movementos reflexos das pálpebras..
Nos seguintes enlaces podedes atopar información de interese:
- Creade un plan para o consumo de medios da familia (Asociación americana de Pediatría). Premendo no enlace podedes deseñar un plan de uso das TIC personalizado.
- Mediación parental (Internet Segura 4 Kids): nesta páxina atoparedes recomendacións específicas para o acompañamento de menores no uso das TICs por idades.
- Entradas do blog sobre novas tecnoloxías.
Estes son algúns recursos para reducir a exposición ás TIC e ocupar o tempo noutras actividades..
Premendo nalgunhas palabras accededes a entradas anteriores do blog.
Premendo nalgunhas palabras accededes a entradas anteriores do blog.
- Familia
- Natureza
- Música
- Xogar
- Aburrimento
- Praia
- ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario