ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

luns, 25 de maio de 2020

LUNS 25_NÚMEROS

Comezamos a 4ª e última semana do mes de maio, cumpridos xa 70 días na situación de confinamento á que nos levou o coronavirus e de cheo na fase 2 da desescalada. Estamos rodeados de números.

Na entrada de hoxe imos propoñervos distintos recursos para desenvolver o gusto polos números, pola lóxica, polo razoamento e para fortalecer o talento matemático.


CONSTRÚE O TEU PROPIO TRANGRAM
Na páxina tocamates.com atoparás moitas máis propostas que unen matemática e creatividade.
Preme na imaxe para saber como podedes construír un tangram.

Tangram | Tangram imprimible, Tangram, Actividades


O APARCADOIRO
No blog nosolojuegos.blogspot encontramos centos de xogos de lóxica como o do aparacadoiro. Conseguirás sacar o coche negro co menor número de movementos posibles dos outros coches aparcados?


Na mesma páxina tamén nos propoñen este con MISTOS.
Cambiando só de posición tres mistos, temos que conseguir tres cadrados de igual tamaño, de forma que cada misto forme parte dalgún dos cadrados. Animádevos!


O CABO LISTO
Este xogo de lóxica está en matematicasdivertidas.es.
Un reo está flanqueado por 4 soldados a cada lado. Debido á súa alta perigosidade, un cabo decidiu reforzar a vixilancia en cada lado, pero non tivo que pedir reforzos. Conseguiuno cambiando de posición só a catro soldados que o vixiaban. Como o fixo?


Neste libro propóñennos 75 xogos de lóxica coa súa solución nun clic. Premede na imaxe para poder descargalo.




ROMBICOSIDODECAEDRO
En matematicasdivertidas.com invítanos a facer un balón coas cartas dunha baralla, seredes capaces? seguro que si!


-¿Qué te cuentas?– Que tengo que hacer estas cuentas.
– Lo que tú tienes es cuento.
– Vaya, perdí la cuenta al hablar.
– Me aburro de tanto contar.
– Pues cuenta un cuento.
– Conmigo no cuentes.
– Entonces, cuenta estos versos.
– Déjame ver… así son nueve.
– Al llegar a diez está completo.


Moitas poesías con números sérvennos para BOTAR A SORTES, coma esta que encontramos en orellapendella.gal, na que hai moitas máis.

Nun café rifaron un gato,
un, dous, tres e catro.
Un, dous e tres,
zapatiño inglés.
A ver a quen lle toca
o número catro.



En aprendiendomatematicas.com podemos descubrir moitas actividades de cálculo, lóxica, xeometría, información sobre a historia das matemáticas e moitos libros e contos que as teñen de base.
Seleccionamos estes:

libro mujeres de ciencia

Las chicas son de ciencias | Entre páginas | Mujeres con ciencia

Nestes libros recóllese a biografía de mulleres relevantes nas ciencias e nas matemáticas, e se temos que destacar a unha escollemos a María Wonenburger, nada en Oleiros en 1927. 
Preme na imaxe para acceder á unidade didáctica sobre ela se queres afondar na súa biografía.


Aprendede máis coas mulleres galegas aquí.

Moi boa semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario