Hoxe 2 de abril, queremos invitarvos a participar no Día Mundial de Concienciación sobre o autismo.
Preme aquí para acceder á información nunha entrada do blog.
Ademais,propoñémosvos, como xa o fixeramos nalgunha entrada anterior, FACER UN DIARIO deste tempo de corentena.
Para axudarvos, deixámosvos un modelo adaptado dun que nos achegou a mestra Teresa.
Podedes descargalo en pdf aquí.
Unha das propostas que nos fan é escribir ou debuxar nun bote como nos sentimos.
O BOTE DAS EMOCIÓNS
A partir desta idea, invitámosvos a que cando botedes de menos a algunha persoa nestes días, lles preparedes un agasallo (un debuxo, unha poesía, un conto, un moneco, un vale por unha aperta...) e o metades nun bote ou nunha caixa para entregarllo cando a volvades ver de novo.
Podedes facer un para cada membro da familia.
Idea de Menud@s Maestr@s. Vía Orientación Condesa.
E falando de familia...
por que non investigades sobre a vosa e facedes unha árbore xenealóxica?
PAXAROS DE PAPEL
E xa postos, podedes intentar facer algún paxaro de papel para decoralo.
Neste enlace hai exemplos de moitas aves diferentes.
Tedes máis ideas para pasar o tempo en ABIBLIODENÓS e en MUSIQUEANDONOCEIPJUANADEVEGA, pero recordade ...
SEMPRE NA CASA!!
SEMPRE NA CASA!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario