ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

martes, 31 de marzo de 2020

MÉRCORES 1 _ QUE PODEMOS FACER HOXE?

Hoxe é mércores e comezamos o mes de abril.


Propoñémosvos a lectura do conto "Mi casa es un castillo", escrito por Itziar Fernández e Lorena Zamora no que nos fala das rutinas que poden seguir nenos e nenas que non poden saír da casa, e que son extensibles aos adultos.
Podedes descargalo aquí.

As autoras recollen na primeira páxina unha frase de Elli Michler moi apropiada para os tempos que vivimos e que nos traducimos:

Non che desexo un agasallo calquera,

deséxoche aquilo que a maioría non ten,

deséxoche tempo. 


Despois dunhas breves, pero interesantes pautas de uso do libro, invítannos a superar 10 probas mentres esteamos no noso "castelo". 

Se as superamos, conseguiremos ser persoas máis enxeñosas, máis autónomas, máis cariñosas, máis creativas, máis tranquilas, máis fortes, máis limpas, máis sas, máis sensibles e máis preparadas para volver ao adestramento, para facer do mundo un lugar mellor.

Anímate a superar as 10 probas!!
Ese é o reto de hoxe.



Vai marcando nunha folla as que vaias superando.
Deixámosvos un modelo que podedes decorar ao voso gusto ou facer outro.

Este é o diploma co que vos queremos agasallar cando as superedes. 
Premede na imaxe para descargalo.
Se non podedes imprimilo, facede o voso propio. De seguro que será mellor.


ÁNIMO!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario