Ao longo destes meses temos falado moito das emocións e de como podemos xestionalas.
Aínda que xa estamos na desescalada, convén que sigamos controlando a ansiedade que se poida producir tanto en nós como nos nenos e nenas.
Como saber se un neno/a está tendo ansiedade?Podemos percibilo se:
- Ten un exceso de estrés ou tensión física que se pode manifestar con dores de cabeza, enfados frecuentes, cansanzo, desgana, problemas para conciliar o sono, dificultades para concentrarse ...
- Os medos normais no desenvolvemento (a estraños, á escuridade, a quedar só ...) comezan a imposibilitar ou condicionar a vida diaria.
- Aparece a ansiedade por separación despois dos 2-3 anos (angustia cando se ten que separar da figura de apego)
- Aparece un trastorno de ansiedade (os síntomas duran máis de 6 meses)
Cales poden ser as causas da ansiedade infantil?
- Atravesar cambios importantes no desenvolvemento ou no tipo de vida.
- Pasar moito tempo diante das pantallas.
- Mala alimentación.
- Falta de hábitos e rutinas.
- Ausencia de límites claros e sanos.
- Ausencias repentinas das figuras de apego sen explicación previa.
- Exceso de estimulación e actividades durante o día.
- Problemas escolares.
- Falta de confianza en si mesmo.
- Carencia de apoios.
- Paso por situacións traumáticas ou graves.
Como podemos axudar?
Ningún comentario:
Publicar un comentario