ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

xoves, 14 de maio de 2020

XOVES 14_PIÑEIROS

Desde que xa podemos saír a pasear, volvemos a desfrutar da paisaxe e de seguro que valoramos as pequenas cousas que observamos moito máis.

Xa dedicamos algunha entrada á natureza, é hoxe imos falar da importancia para nenos e nenas do contacto da natureza e dos seus beneficios.

Algúns expertos chegan a falar do Trastorno de déficit de Natureza para describir o crecente illamento do mundo natural. Evitémolo se é posible saíndo a desfrutar del.

O contacto co mundo que nos rodea axuda a:
  • Unha formación integral, a un desenvolvemento físico, intelectual e emocinal.
  • Estimular todos os sentidos.
  • Potenciar a experimentación e o xogo.
  • Fomentar a autonomía, creatividade e empatía.
  • Reducir o nivel de estrés. Favorece o benestar emocional.
  • Estimular a aprendizaxe.
As actividades que podemos facer durante un paseo pola natureza son infinitas: correr, saltar, observar, tocar, ulir, xogar, recolectar, limpar, analizar, ...

De todo o que podemos observar, imos deternos nas árbores e concretamente nos piñeiros.
Eduardo Pondal, escritor ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas en 1965 compuxo un poema, "Os pinos" a petición do músico Pascual Veiga, quen fixo unha composición musical que foi considerada despois o himno de Galicia.

Neste vídeo dos Bolechas podemos saber máis cousas sobre Pondal. Premede na imaxe.


Para xs máis pequenxs deixámosvos este conto.: "Piñeiro"


O arume é a folla do piñeiro.
Aínda que a mellor época para facer actividades coas follas é o outono, se as atopamos e as secamos  podemos facer con elas moitas cousas: coleccionar, clasificar, ordenar...

ESTAMPACIÓNS
Estampación hojas | Arte de otoño, Proyectos de arte para niños

COMPOSICIÓNS


E incluso MANDALAS
TALLER 4GATOS: Otoño en palabras


Pondal estudou medicina. Descubride a Olimpia Valencia, a primeira muller licenciada en Medicina en Galicia.

Imaxe de BRAVAS. Científicas e artistas galegas da nosa historia. 7HCooperativa Cultura.


Pondal nos seus poemas tamén falou da Lúa e do luar, mesmo aparece no himno galego.
Esoitade, observade e desfrutade destas dúas montaxes feitas por nenos e nenas a partir de dous contos. Premede nas imaxes para velos e animádevos a facer unha montaxe do voso conto favorito.




Aproveitemos ás saídas á natureza para relaxarnos. Na casa tamén o podemos facer pechando os ollos, escoitando os seus sons e respirando de forma efectiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario