ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

martes, 12 de maio de 2020

MARTES 12_SENTIDIÑO

Na entrada de onte falabamos das Letras Galegas... con maiúscula.
Durante esta semana seguiremos tratando distintos temas relacionados coa orientación educativa a partir de palabras significativas, bonitas e fermosas da nosa lingua.

E hoxe ímolo facer... con sentidiño.


Sentidiño que temos que ter máis que nunca para continuar "desescalando" e volver á "nova normalidade".

Cando nós falamos de ter sentidiño, falamos de actuar con responsabilidade.
É importante que fomentemos este valor nxs nosxs fillxs, que nesta situación pola que pasamos nos están dando moitas leccións seguindo as normas fixadas de forma exemplar.

Apostando por ensinarlles a ser responsables favorecemos que:
  • Sexan persoas capaces de traballar e esforzarse para poder acadar os seus obxectivos e os compromisos que posúan.
  • Sexan disciplinadxs nas distintas facetas da súa vida.
  • Consigan que os demais confíen nelxs e nas súas capacidades.

Un excelente recurso para falar deste valor son, coma sempre, os contos. Aquí vos deixamos dous.




Como podemos fomentar a resposabilidade?
Estas son algunhas estratexias útiles:
  • Establecer normas no fogar.
  • Ensinar os beneficios que se obteñen por medio da responsabilidade.
  • Estimular a autonomía e a autoestima.
  • Servir de exemplo. Apréndese por imitación.
  • Repartir as tarefas da casa en función das súas capacidades.
  • Reforzar esta aprendizaxe que tamén se fomenta na escola.
  • Facer ver que o esforzo ten recompensas, sobre todo a nivel persoal.
  • Ensinar a aprender dos erros. De todo pode sacar unha aprendizaxe positiva.
  • Utilizar unha linguaxe clara e comprensible, sen complicacións. Animámosvos a poñer voz a este vídeo sobre a responsabilidade para reflexionar sobre el.

  • Motivar ante as tarefas realizadas, o esforzo feito e a cumprir coas responsabilidades por difícil que poidan parecer. Moitas veces preferirán deixar que nós resolvamos algunhas tarefas por desconfianza, inseguridade ou temor.
Podemos falar do medo a partir deste conto, "Xa non teño medo", incluído no libro "Eu conto, ti contas" de María Victoria Moreno, escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2018.
Premede aquí para acceder ao audio.

EU CONTO, TI CANTAS... | MARIA VICTORIA MORENO | Comprar libro ...


Ademais de ser nós exemplo de responsabilidade, que é do máis importante, tamén podemos falar coa rapazada de persoas destacadas polo seu compromiso e responsabilidade, como da escritora e xornalisa Concepción Arenal.

Imaxe de BRAVAS. Científicas e artistas galegas da nosa historia. 7HCooperativa Cultura.

xogo tamén é unha boa ferramenta para fomentar a responsabilidade ademais doutros valores. Deixámosvos tres exemplos:
  • O guía. Unha persoa ten un pano nos ollos para evitar ver e outra guíao para realizar un circuíto.
  • Transportando. Entre todxs intentar levar unha bolas enriba dun pano ou dun papel/cartolina por un circuíto evitando que caian.
  • Carreiras de relevos. Se non podedes correr, podedes facelo soprando.

Carrera de pompones -Manualidades Infantiles

Rematamos hoxe con este vídeo da campaña #PONTELOVERS do Concello de Pontevedra como homenaxe a todas as persoas que nos están axudando neste momento e onde se nos pide ...



e recordando as recomendacións básicas que debemos seguir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario