Hoxe temos que comezar o día felicitando aos pais, ás Pepas, Pepitas, Xosefas.. aos Xosés, Pepes, Pepíns... e, dadas as circuntancias, a todas as persoas que nos fan pasar estes días do mellor xeito posible: nais, avoas, avós, tías, tíos... a toda a familia e amizades!!
Seguiremos coas rutinas, recorda a súa importancia; se temos algunha tarefa escolar pendente podemos rematala... pero como é día festivo, imos intentar facer algo diferente, especial e... espacial!
COCIÑAMOS
Preparamos un plato ou unha sobremesa divertida. Anímate e compárteo!!
BAILAMOS
Hoxe...zumba!!
IMOS DE MUSICAL
Preme na imaxe para acceder ao instagram desde o que podes ver moitas actuacións de días anteriores.
Este é o cartel para hoxe e mañá.
VIAXAMOS
Preme na imaxe para acceder ao instagram desde o que podes ver moitas actuacións de días anteriores.
Este é o cartel para hoxe e mañá.
VIAXAMOS
Esta será unha viaxe moi... espacial!!! a través destes vídeos 360º
Prepárate para ir dentro do Discovery ...
Prepárate para ir dentro do Discovery ...
Pasear pola constelación Orión...
Centos de viaxes e reportaxes nun clic.
FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
Busca na túa casa ou a través da ventá obxectos, debuxos, imaxes, ... que teñan puntos, liñas, curvas, figuras xeométricas e sácalles unha fotografía. Todo un mundo por descubrir.
Tamén podes inventar ti unha figura, facela ou debuxala con distintos materiais e fotografala.
E se te aburres... aquí tes 51 xogos para divertirse sentados e sen apps.
Máis propostas nos outros blogs do centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario