ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

venres, 20 de marzo de 2020

VENRES 20 _ QUE PODEMOS FACER HOXE?

Xa é venres!!
Rematando a primeira semana na casa, temos que continuar seguindo as rutinas fixadas.

Revisa na páxina web do centro por se os/as profes deixaron algunha actividade para facer hoxe.
Cando remates, organiza o día para ter o tempo ocupado ao tempo que te entretés.

Aquí van algunhas ideas!!!

XOGOS CON TAPÓNS





INVENTAMOS HISTORIAS

Atrévete a inventar a túa propia historia só ou en equipo con outros/as nesta aplicación gratuíta. Só tes que darte de alta.

BAILE TRADICIONAL

Antonio Prado ensina diariamente desde o comezo da corentena a través de vídeos o baile tradicional galego.
Xa van 6!!! Deixámosche o primeiro. Anímate!!
Vía aulasgalegas.org


RELAXÁMONOS

As mellores técnicas de relaxación por idades... aquí (preme)

Para os máis pequenos, unha sesión de ioga. (Vía aulasgalegas.org)

Resultado de imaxes para: ioga infantil aulasgalegas

VIAXAMOS

Hoxe recomendamos unha viaxe virtual ao interior... ao interior do corpo humano!!
Nesta páxina podes  afondar no coñecemento dos distintos aparellos e órganos do noso corpo.


ARTE
Se o que che gusta é a arte, no blog "borraghanchos" atoparás miles de ideas moi interesantes para crear composicións  con distintas técnicas. 
Hoxe, relacionado co proxecto do centro dos Xogos olímpicos, propoñémosche un Kandinsky olímpico. Preme na imaxe para saber como facelo.



E ... coma sempre, máis propostas nos blogs da biblioteca e de música.

Recorda manter contacto con familia e amizades!!

Resultado de imaxes para: familia conectada

Ningún comentario:

Publicar un comentario