ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

luns, 30 de outubro de 2017

VAI DE MEDOS!

O 1 de novembro celébrase o Samaín, "festa laica que representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do verán. Era a festa máis importante dos celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo".

Resultado de imagen de samain

"Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos,"
"O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano."
Para saber máis do Samaín preme aquí.

Esta pode ser unha boa ocasión para tratar os medos. O medo é unha emoción, que como todas é preciso nun primeiro momento identificar, para despois comunicar e expresar.

Resultado de imagen de cara de miedo niño


O medo é básico para sobrevivir, xa que no axuda a protexernos de perigos,
Mais, cando non cumpre esa funciòn, pode chegar a paralizarnos e bloquearnos, sobre todo, cando a reacción chega a ser moi desproporcionada. Por ese motivo, debemos aprender distintas estratexias que nos axuden a controlalo:
  1. Identificalo, recoñecelo.
  2. Explicar como nos sentimos.
  3. Falar del con naturalidade; debuxalo.
  4. Averiguar o que nos produce medo.
  5. Adquirir estratexias de autocontrol e relaxación.
  6. Debuxalo nun papel, gardalo nun sobre ou nunha caixa (dará sensación de control).
Os adultos debemos:
  • Tranquilizar.
  • Escoitar e axudar a que se exprese.
  • Respectar os sentimentos evitando rirse ou ridiculizar.
  • Acompañar, amosando confianza en que o vai superar.
  • Dar seguridade, evitando sobreprotexer.
  • Favorecer a autonomía e a independencia.
  • Ler contos nos que se superen medos.
  • Ensinar técnicas de relaxación.

Para obter máis información:

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario