ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

xoves, 18 de xuño de 2020

PECHE DO CURSO (4) _ DESPEDIDA E AGRADECEMENTO

Despois de reflexionar sobre os sentimentos, as vivencias e as aprendizaxes propias neste curso, no seu penúltimo día  facémosvos unha serie de propostas para que os nenos e nenas poidan ir pechando a súa porta pensando nos demais. 
Pensando, principalmente, nas persoas coas que pasan case todo tempo na escola, nos compañeiros, nas compañeiras, nas mestras e nos mestres, especialmente titoras e titores.

Así, chega o momento de ir despedíndose.
Dependendo do caso será de compañeiros e compañeiras, profesorado, amizades, de infantil nalgúns casos, do colexio noutros... ou ata dentro duns meses na maioría, ao tempo que podemos agradecerlles algo que nos aportasen durante este curso.

GRAZAS….. – ANPA FARO

Como podemos despedirnos?
Cada neno, cada nena, cada persoa escollerá aquela maneira que máis lle guste. 
Estas son algunhas ideas:
  • Escribir un poema.
  • Redactar unha carta de despedida.
  • Facer un debuxo.
  • Elaborar un traballo manual.
  • Escribir unha postal.
  • Gravar unha breve mensaxe de despedida para os compañeiros/as e/ou o profesorado, expresando os seus sentimentos, o que máis lles gustou ou comentando algún momento dos vividos conxuntamente.
  • Escribir unha dedicatoria nunha tarxeta.
  • Enviar un agasallo simbólico, sinalando aquilo que nos gustaría regalar a esa persoa. A imaxinación é libre!
  • Redactar nun papeliño de cor algún momento bonito vivido, algo que nos gustase ou unha mensaxe que poida agradar á outra persoa
  • ...
Calquera que sexa a opción será acertada porque se fará de corazón.

51 mejores imágenes de COLE | Trabajo cooperativo, Aprendizaje ...

Ningún comentario:

Publicar un comentario