ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

venres, 8 de maio de 2020

VENRES 8 _ APLAUSOS

Desde o comezo do confinamento, milleiros de persoas asómanse cada tarde ás ventas das súas casas para agradecer o labor de todos os profesionais que nos están axudando, especialmente do persoal sanitario, mediante aplausos.

Con aplauso nacional rinden homenaje a médicos y enfermeras ante ...

Segundo transmiten por distintos medios, eses aplausos chegan, emocionan, reconfortan e sérvenlles de impulso e motivación para seguir traballando diariamente.

É moi importante tamén que motivemos aos nosos fillos e fillas, conseguindo que sexan conscientes das dúas capacidades e  cualidades, valorando e facendo que por si mesmos/as valoren todo o proceso realizado.

COMO PODEMOS MOTIVAR?
  • Agradecer. Un dos mellores alumiños ou afagos é agradecer a colaboración,
  • Centrárse no proceso máis que o obxectivo final para favorecer a curiosidade e as ganas de esforzarse e de aprender: "Vexo que te esforzaches" vs "Que ben che quedou".
  • Reforzar á conduta, non a persoa, para 
  1. non transmitir que os/as queremos por facer ben as cousas O amor é incondicional.
  2. favorecer unha motivación interna.
  3. que comprendan que se pode mellorar e avanzar.
  • Facer observacións concretas: "Gústanme moito as cores que utilizaches" vs "Que debuxo tan bonito fixeches".
  • Realizar preguntas. Non é un aloumiño, pero pode ser máis útil e valioso, porque fomenta a valoración do propio traballo.

A MOTIVACIÓN INTERNA
A motivación interna axuda a nenos e nenas a controlar, regular e facerse responsables da súa conduta ou dos seus actos.


Esta nace do interior, do desexo, a curiosidade e a responsabilidade por un mesmo. As persoas fan algo porque realmente lles interesa, porque interiorizaron un valor e porque cren que o deben facer independentemente do que pensen os demais ou as recompensas que poidan recibir.

Por qué hacemos lo que hacemos, motivación intrínseca y extrínseca ...


AS FRASES AFAGADORAS/ADULADORAS
Convén utilizalas de forma ocasional ou eliminar.
  • Xenial, mereces un premio!
  • Estou orgullosa de ti!
  • Estupendo, fixéchesme caso!
  • Moi ben, xusto o que esperaba!
  • Fixéchelo como che dixen, perfecto!

AS FRASES MOTIVADORAS 
Convén usalas diariamente
  • Esforzácheste moito, merécelo.
  • Debes estar moi orgulloso de ti.
  • Como te sintes por isto?
  • Fixéchelo ti só/soa!
  • Sei que aprendes dos teus erros!
  • Estou segura de que encontrarás a solución)

E sempre motivan e reconfortan... 

As apertas
Animádevos bailar unha rumba


Ou a deixalas voar.



Compartir tempo

Preparando e degustando unhas pastas



Lendo en familia



Vendo unha curta e falando sobre ela



Indo de concerto



Relaxándose



Descubrindo o que ocorre detrás do escenario dun circo



E sobre todo... vivindo!

   


Boa fin de semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario