ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

mércores, 20 de maio de 2020

MÉRCORES 20_ CURIOSIDADE (2)

Hoxe imos continuar falando da curiosidade, do asombro, da man de Catherine L´Ecuyer recollendo esta media ducia de ideas que nos dá para fomentalo nos nenos e nenas.

  • A neuroloxía e a psicoloxía son unánimes ao dicir que non se poden facer ben dúas cousas á vez, de aí o problema dos nenos/as multitarea, que ela define como enamorados/as da irrelevancia. Por iso non é recomendable que haxa saturación ao mesmo tempo de actividades no móbil, tableta, ordenador ...
Multitarea vs TDH | VermisLAB
  • Hai que respectar os ritmos de cada neno/a e a etapa da infancia; viven o presente, non pensan nin no pasado nin no futuro. O asombro é non dar nada por suposto, teñen que ser nenos/as, xogar e dar renda solta á imaxinación. Cando non se vive a nenez cando toca , faise máis adiante e con peores consecuencias.
  • É moi importante manter vivo o desexo nos nenos/as. A forma máis directa de matar o asombro, o desexo polo coñecemento, é o consumismo. Cando os nenos/as teñen de todo e téñeno antes de poder desexalo, ataféganselles os sentidos, son incapaces de sentir e vivir o que pasa dan todo por suposto e terminan afacéndose a que todo debe comportarse como eles queren. Empeza sendo así coas cousas e termina séndoo tamén coas persoas.
  • A beleza asombra. Os filósofos definen a beleza como a expresión visible da verdade e a bondade. Hai que favorecer que os nenos aprecien a beleza, a natureza, o silencio.
Los 23 parajes naturales más espectaculares de España para visitar con niños
  • Hai que deixar un espazo para o misterio. O misterio é unha porta para o coñecemento que cruzamos grazas á forza da curiosidade. Os nenos/as teñen unha gran afinidade co misterio.
  • Os nenos/as necesitan límites e o asombro é o que dá sentido á rutina. Esta pode ser boa para eles, pero non sempre o é. O que dá sentido á rutina dos nenos/as son as persoas coas que fan as cousas. Porque eles/as triangulan entre a contorna e os seus coidadores, as persoas que lles queren: pai/nai, profesorado, etcétera.

Así, seguindo a liña das propostas que recolliamos onte, podemos continuar aproveitando esta oportunidade de tempo compartido, en función da situación persoal e laboral, para ensinar a facer cousas sinxelas domésticas, partindo desta táboa Montessori de tarefas domésticas:


Lecciones alimenticias para un papá separadoAos 2 e 3 anos Gardar os seus xoguetes en caixas e no seu andel Limpar o súa mesiña e os seus mobles Tirar as cousas ao lixo Axudar a recoller o lavalouzas Estirar o edredón da súa cama Poñer a mesa de forma sinxela Regar plantas Comer só/soa Gardar os seus contos


DOBLAR ROPA (con imágenes) | Montessori, Vida práctica, Metodo ...Aos 4 e 5 anos Ordenar o seu cuarto Limpar e gardar ben os pratos Ordenar os cubertos Recoller o lavalouzas Dobrar a roupa sinxela Poñer a mesa ao completo Vestirse só/soa Lavarse


Los 8 materiales más importantes para reciclar: separar la basura ...
Aos 6 e 7 anos Recoller o lixo Facer ensaladas Preparar sinxelos pratos de cociña Dobrar roupa mais complicada Preparar a súa mochila


Limpiar el hogar para evitar alergias - El Blog de MAPFRE


Aos 8 e 9 anos Poñer o lavalouzas Aspirar a alfombra Cambiar bombillas de lámpadas baixiñas



Niño feliz en casa planchando ropa | Foto Premium


Aos 10 e 11 anos
Limpar o baño en profundidade
Facer costuras sinxelas
Comezar a pasar o ferro a roupa




Familia Haciendo Un Cambio De Imagen De La Casa, El Hombre Está ...

A partir dos 12 anos
Pasar o ferro á roupa
Pintar as paredes
Realizar reparacións sinxelas en casa







Podedes atopar referencia aos libros de Catherine L´Ecuyer e a outras recomendacións de lecturas educativas nesta entrada de Biblionós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario