ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

sábado, 2 de maio de 2020

2 DE MAIO - DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Hoxe 2 de maio é o Día Internacional contra o Acoso Escolar.

QUE É ACOSO?
Nestes dous vídeos explicase dunha forma gráfica e clara o que se considera acoso escolar, ademais de dar algunha pauta de actuación tanto se somos posibles persoas vítimas, observadoras ou agresoras nunha situación de acoso.



A convivencia durante a corentena pode ser, e está sendo, unha oportunidade para estreitar lazos familiares, o que nos pode servir para coñecer máis aos nosos fillos e fillas e as súas relacións cos iguais. Como xa falamos en moitas ocasións, podemos aproveitar este tempo para acercarnos máis emocionalmente e observalos/as.

Ademais, nun momento en que estamos utilizando máis que nunca as tecnoloxías e as redes sociais, convén prestar atención a posibles situacións de ciberacoso, sobre todo coa rapazada de maior idade e que teña certa autonomía no seu uso.

Podemos aproveitar para reflexionar sobre o tema e as estratexias a seguir no caso de que nos vexamos nunha situación de acoso.

Deixámosvos esta presentación de guía que utilizamos con algún grupo para facelo.



CAMBIOS QUE NOS PODEN INDICAR SUFRIMENTO DE ACOSO

Cambios en hábitos
  • Ausencia de interese en actividades que antes eran preferidas.
  • Altibaixos no estado de ánimo.
  • Irregularidades na alimentación, cantidade e maneira de comer.
  • Dependencia da presenza de adultos.
Cambios no estado de ánimo
  • Presenza de  tristeza ou indiferenza.
  • Irritabilidade.
  • Pouca comunicación.
  • Medo ou negativa a saír de casa ou ver compañeiros/as.
Cambios somáticos
  • Aumento ou diminución do peso rápido.
  • Dor de cabeza ou estómago frecuente.
Cambios físicos
  • Na linguaxe corporal (falta de contacto visual, posición encorvada)
  • Doenzas frecuentes.
  • Ocultamento ao falar polo móbil ou por internet.
  • Lesións físicas sen explicación.

QUE FACER
Nos vídeos e na presentación anteriores recóllense pautas a seguir no caso de estar vivindo unha situación de acoso ou ante algún indicador.
O principal. coma sempre, e falar, comentar , conversar ... para facilitar que se exteriorice o que ocorre, sen xulgar nin presionar e poder buscar axuda no centro escolar, partindo das titorías.

Contos, curtas e cancións sempre son unha boa axuda para tratar o tema.








Desde este enlace podedes acceder a libros para traballar valores relacionados co acoso.

Tedes tamén guías no bloque dedicado ao acoso escolar no bloque da barra lateral.

O traballo de valores básicos de convivencia e a resolución pacífica de conflitos é unha das mellores ferramentas para previr situacións de acoso...



porque non debemos olvidar que estamos baixo o mesmo sol.


Ningún comentario:

Publicar un comentario