ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

mércores, 22 de abril de 2020

MÉRCORES 22 _ LEDICIA

Hoxe continuamos falando de sentimentos e emocións, falamos da ledicia.

A ledicia, a alegría, a dita ou a felicidade, fan referencia a un estado de ánimo ou sentimento de pracer que produce un suceso favorable. Tamén é aquilo que produce ese estado de ánimo ou sentimento.

No libro "Emocionario" de Cristina Núñez Pereira e Rafael R Valcárcel da editorial da editorial Palabras Aladas, represéntase con esta imaxe:

EL VIAJE DE HIGUERILLA: DISTINTAS FORMAS DE MOSTRAR LA ALEGRÍA

FALAMOS
A partir da ilustración e do texto que a acompaña podemos preguntarnos:
  • Cales son as manifestacións da alegría?
  • Como expresamos nós a alegría?
  • Que cousas nos causaron alegría onte ou hoxe?
  • Como a representarías? Podedes debuxala.
Premendo aquí tedes máis preguntas e propostas sobre a lámina.


FACEMOS UNHA COLAXE ALEGRE 😃
Nun folio ou nunha cartolina podedes pegar recortes de periódicos e revistas que expresen alegría. 
Ou se vos animades, facer unha colaxe con fotografías vosas que vos transmitan esa emoción.
Aproveitade ese momento para recordar por que estábades contentos.

Collage de Alegria para Alegria | 《Disney En Español》 Amino


MÚSICA QUE ALEGRA
Onte falábamos da importancia da música e de todo o seu poder sobre as nosas emocións.
Hoxe propoñémosvos escoitar estar dúas cancións.

Intentade escoitar a primeira da banda sonora de "La vida es bella" tumbados e cos ollos pechados.
Aproveitade para respirar tranquilamente e relaxarvos.
Podemos poñer unha man no peito e outra no ventre, tomar o aire profundamente polo nariz mentres notamos como se eleva a man colocada no ventre, facemos unha pequena pausa e soltamos o aire pola boca moi lentamente. Se preferides podedes poñer un barco de papel na barriga.

Que vos trasmite?


Invitámosvos a escoitar agora a escoitar a canción "Happy" de Pharrel Williams cos Minions de "Gru, Mi villano favorito". Se podedes, aproveitade para cantala en inglés.
Sodes capaces de seguir deitados...? A bailar!!

Que vos trasmite?



O BOTE DA LEDICIA
Canto partido lle estamos sacando aos botes e ás caixas neste confinamento!
Collede un bote ou unha caixa e ídeo enchendo con cousas boas que vos pasen cada día, podedes debuxalas ou escribilas. Abrídeo ao final da semana para comprobar todas as cousas que vos deron algo de ledicia ao londo dela.



O DIARIO DA ALEGRÍA
Outra opción máis recomendable para os maiores é ir escribindo nun diario as cousas boas que nos pasan, intentando cada día recoller algunha cousa boa.
Ao escribilo fixámolo na memoria e fará que destaquemos pouco a pouco máis as cousas positivas.

El monstruo de colores. ¡Vaya lío! | Las emociones para niños ...


O ESPECTÁCULO DA ALEGRÍA
A visión de moitos espectáculos tamén nos transmiten alegría, neste caso o do Cirque du Soleil que leva ese mesmo nome.


SUBE AO TREN DA ALEGRÍA
Canta, baila e móvete seguindo a coreografía desta canción para animarte.




A LEDICIA TRANSMÍTESE
O noso estado de ánimo repercute no dos demais.
Aprendemos por imitación, polo que o que os nosos fillos e fillas viven cada día no seu contorno marcará o seu camiño futuro. A alegría é un sentimento rápido, fácil de obter e de ofrecer cun pequeno xesto, que ten o poder de transformar o día.
Cun pequeno xesto, unha aperta, un bico ou unha pequena sorpresa, conseguimos crear esa sensación de ledicia.

Como todas as emocións, a alegría é contaxiosa. Comprobádeo vendo este fragmento da película "Happy Feet"


FELIZ MÉRCORES!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario