ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

xoves, 2 de abril de 2020

2 DE ABRIL - DÍA DO AUTISMO

Desde 2007 e a proposta da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, os 2 de abril celébrase o Día Mudial de Concienciación sobre o Autismo.

A súa finalidade é poñer de relevo a necesidade de contribuír á mellora da calidade de vida das persoas con transtorno do espectro do autismo (TEA).

Este ano o lema elixido é "Podo aprender. Podo traballar", para poñer de relevancia que dúas das áreas fundamentais para a inclusión e para conseguir esa mellora da calidade de vida destas persoas, como de calquera outra, son: a educación e o emprego.

Federación Autismo Galicia को फोटो।

Os principais obxectivos desta campaña son:
  • Aumentar a concienciación sobre o autismo na sociedade e promover unha mellor comprensión do trastorno para incluír e apoiar ás persoas con TEA.
  • Mellorar o acceso á educación e o emprego para este colectivo.
  • Conseguir o compromiso dxs representantes políticos para facer efectivos os dereitos das persoas con TEA nestes dous ámbitos principais.

COMO PODEMOS APOIAR A CAMPAÑA?
  1. Elixe unha ferramenta que represente unha das túas habilidades e suxéitaa coa man. Podes descargar algunhas aquí.
  2. Fai unha foto, un vídeo ou un gift sostendo ou usando a ferramenta.
  3. Compárteo nas túas redes sociais xunto co cancelo #DiaMundialAutismo
Tamén podes descargar os carteis, colorealos ou facer o teu propio. Animámosvos a pegalos nas ventás.


Deixámosvos tamén dúas guías con pautas e recursos para afrotar o illamento con persoas con TEA.

- Desde Autismo Sevilla: 10 pautas fundamentais para pasr tempo en casa co teu familiar con TEA.
Podedes acceder premendo na imaxe.


- Como afrontar o illamento en casa con menores con discapacidade e transtornos do desenvolvemento, da Dra. Ruth Candela Ramírez. Pdf aqui.


Ningún comentario:

Publicar un comentario