A partir deste luns varias televisións ofrecen programas educativos para favorecer que o alumnado que poida ter dificultades para seguir as actividades on-line propostas polos centros educativos poida continuar coa súa formación mentres estean suspensas as actividades presenciais.
A TVG pola segunda canle emitirá un bloque de programación educativa entre as 11:00 e as 13:00. A TVG en colaboración coa Consellería de Educación , Universidade e Formación Profesional arranca a oferta de programas en áreas relacionadas coa xeoloxía, a historia, a experimentación ou o mundo animal.
O Ministerio de Educación e Formación Profesional en colaboración con RTVE comeza unha programación especial de cinco horas diarias con contidos educativos en aberto, de luns a venres, en Clan TV e en La 2 de TVE, co seguinte horario e temática.
Pola súa parte, Mediaset España na súa canle Boing programa un espazo para aprender e practicar inglés en familia a partir deste luns ás 13:25, cunha duración de 45 minutos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario