ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

mércores, 25 de marzo de 2020

MÉRCORES 25 _ QUE PODEMOS FACER HOXE?

Xa estamos a mércores!!

Coma todos os días, comezamos coa rutina diaria: asearse, vestirse (quita o pixama!!!), almorzar, axudar na casa, revisar as tarefas que me propoñen na web do cole, facelas e organizar o resto do día.

Estas son as propostas de hoxe para axudarvos a pasar o día.

SEGUIMOS ATENDENDO ÁS NOSAS EMOCIÓNS

OLA, QUE TAL ESTOU é un documento que comparte con nós a mestra Aurora que nos pode axudar a identifica como nos sentimos, o que podemos facer para sentirnos mellor e valorar todo o bo que temos, para intentar ser o máis felices posible.
Podedes descargar o documento aquí.



SOMOS POETAS
Aínda que non poderemos ir este ano a Xapón aos Xogos Olímpicos, si podemos seguir aprendendo cousas dese país, sobre o que xira o proxecto do centro

Hoxe propoñemos escribir ou facer con imaxes un haiku

Segundo a tradición, os haikus escríbense en tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas. Adoitan facer referencia á escenas da natureza ou da vida cotiá.
Mira pola ventá, que ves?; pensa en como te sentes; que estás facendo?... tes moito sobre o que escribir. Ilústrao e compárteo con quen queiras.


EXPERIMENTAMOS EN TEMPO DE CORONAVIRUS

Alumnado do Grao de Educación Primaria da Universidade de Salamanca propóñennos realizar decenas de experimentos na nosa casa. Preme nas imaxes para acceder a eles. Están clasificados por cursos e cada un ten instrucións e  acceso a vídeos explicativos.




IMOS DE MUSEO

Hoxe recomendamos o Museo Reina Sofía e o  Museo do Prado.


E REMATAMOS ... RÍNDONOS

A risa ... a mellor desestresante  5 xogos para facer en familia e soltar unhas gargalladas!!
Vía orientafer.blogspot

Ningún comentario:

Publicar un comentario