ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

luns, 16 de marzo de 2020

LUNS 16 _ QUE PODEMOS FACER HOXE?

Imos intentar axudar desde o blog a pasar estes días na casa con propostas de actividades para ocupar o tempo cos nosos fillos e fillas.

O primeiro, se aínda non temos organizado, é ter un horario... convén facelo de forma conxunta, así todos/as estaremos de acordo e saberemos o plan de acción.

O segundo, o tempo de tarefas escolares virá pautado polas propostas feitas polo profesorado. É importante fixar ese tempo para non perder o ritmo, o hábito de traballo e continuar coa formación.

O resto do tempo, interesa que o organicemos seguindo os intereses dos/as rapaces e rapazas e as pautas que consideremos básicas. É importante que sigamos coas mesmas normas que teñamos habitualmente e coas rutinas habituais, dentro do posible, tendo en conta as circunstancias especiais.

PROPOSTAS 

FALAR
Resultado de imaxes para: hablar


ESCRIBIR
  • Escribimos palabras: máis longas, máis raras ...
  • Facer a lista de cousas que precisamos, lista da compra ...
  • Comezo o meu libro de chistes, de receitas...
  • Empezo o meu diario. 
ORDE
  • Comecemos polo propio cuarto.
  • Organizo a biblioteca e os xogos. Serán un bo recurso estes días.
COCIÑA
  • Sobremesa para hoxe, a escoller: macedonia, torta de chocolate, xeado de cacao, torta de amorodos.
Resultado de imaxes para: macedonia postre
MANUALIDADES
  • Debuxar, pintar...
  • Facemos unha colaxe con fotografías de revistas.
  • Decoramos unha camiseta vella.
  • Carreiras de avións. 30 modelos de avións nesta web.

XOGOS
MOVÉMONOS
  • Carreira de chapas ou de canicas polo corredor.
  • Percorrido de obstáculos.
  • Escondite inglés.
AH... e non nos olvidemos de LER: ademais da biblioteca particular... audiocontos e selección de contos gratuítos


Se ningunha destas ideas vos convencen, desde Estación Bambalina propoñen 70 ideas fáciles para xogar con nenos e nenas dentro de casa.

Recursos obtidos das páxinas: BaM! e das recollidas na entrada.

1 comentario: