ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

martes, 7 de maio de 2019

TODO POR UN LIKE

O próximo xoves 9 de maio, ás 20:00 h, no auditorio do Centro Cultural A Fábrica en Santa Cristina haberá unha charla organizada pola Concellería de Servizos Sociais e Sanidade co título “Todo por un like”, na que se falará sobre a influencia que teñen internet e as redes sociais na educación emocional, afectiva e sexual nas etapas da infancia e da adolescencia.
Falarán do tema dúas especialistas na educación emocional, en redes sociais e no traballo con menores e adolescentes: Sara Vierna e Virginia Pañeda, integrantes de Almas Meraki.
Esta charla enmárcase dentro do Programa Familias Inquedas, un conxunto de actividades dirixidas ás familias de Oleiros con menores para apoialas, acompañalas e orientalas na educación e crianza dos seus fillos e fillas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario