ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

xoves, 21 de marzo de 2019

21 DE MARZO - DÍA MUNDIAL CONTRA O RACISMO

Onte acompañounos no centro Tiffany López, xunto con Emma e Yosi, da ONG ACCEM, para falar co alumnado e o profesorado de 3º a 6º sobre o racismo, xa que hoxe Día 21 tamén é o Día Mundial contra o Racismo.



A través do diálogo, de vivencias, de vídeos, de imaxes, e, sobre todo, a partir dos sentimentos que provocan certas actitudes e comentarios, procuráronse respostas a distintas preguntas:

QUE É O BONITO?
QUE É O FEO?
QUE É O RACISMO?
QUE É A DISCRIMINACIÓN?
QUE É A IDENTIDADE?
SOMOS IGUAIS?
SOMOS DIFERENTES?

QUE É SENTIRSE COMO UN CAN DE PALLEIRO?


CAL É A COR CARNE?

Aprendimos moito de todos e todas, traballando de forma cooperativa.


Este é o resultado final da colaboración de todo o alumando e o profesorado de 3º a 6º, coa axuda das nosas anfitrionas na actividade: Tiffany, Yosi e Emma.

Moitas grazas pola súa colaboración, especialmente a Tiffany.


Ningún comentario:

Publicar un comentario