ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

sábado, 10 de marzo de 2018

EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

Nestas semanas, o alumnado de 5º e 6º de EP do centro está asistindo a unhas charlas sobre educación afectivo-sexual a cargo de persoal especializado daAGaSEX (Asociación GAlega para a Saúde sEXual), podendo comprobar as múltiples dúbidas, ideas erróneas, intereses, ... que teñen os rapaces e rapazas, facéndose patente a necesidade de abordar de xeito conxunto, familia e escola, estes aspectos.

Resultado de imagen de educacion afectivo sexual

Por que debemos falar sobre sexualidade?

Os nenos/as e adolescentes, teñen curiosidade por natureza, polo que obterán as respostas ás súas preguntas.
O problema é de quen, de que forma e como. Será a información correcta para evitar danos e/ou desinformarlos aínda máis?

É valioso e fundamental que os adultos lles dean información, falándolles aberta, concretamente e en forma honesta sobre estes temas que son importantes na súa vida. Se evitamos falar de temas emocionalmente delicados eles/as aprenderán a gardarse as súas preocupacións, se ignoramos temas como o aborto, a masturbación, a pornografía, a SIDA, o sexo en xeral, conseguirán información de alguén máis, talvez os seus amigos/as, quen estarán en iguais ou peores condicións que eles ou de internet, podendo obter información distorsionada ou acceder a paxinas con contidos non adaptados á súa idade.

Resultado de imagen de educacion afectivo sexual

Estas son pautas xerais que convén seguir para tratar a educación afectivo-sexual coas rapazas e rapaces:

-Temos que ter a información suficiente: antes de ofrecer un consello sobre determinado tema debemos informarse sobre os mesmos.

-Debemos ser confiables: evitar esaxerar a verdade para causar impresión ou deformar a verdade para evitarlle incomodidade ao menor ou a nós mesmos.
-Sexamos breves e claros, utilizando unha linguaxe adapatada á súa idade.

-Respectemos á súa opinión: interesarse polo que pensan no canto de dicirlles que deben facer ou opinar.

-Evitemos enfadarnos: se perciben que estes temas nos poñen de mal humor, sentirán menos confianza en nós evitando formular as súas preguntas.

-Convén que examinenos as nosas propias actitudes, os nosos sentimentos sobre os temas sexuais.

-Mostre unha actitude amorosa: contribúe a que entendan mellor e poidan enfrontarse a temas que lles provocan confusión ou temor.


Resultado de imagen de educacion afectivo sexual 

Para ter en conta:

-Canto  máis pequenos/as sexan é mellor para comezar a falar.

-O que ignoran pode danalos.

-Se un non contesta buscarán outro lugar.

-Esforzarse para ser adultos "preguntables".
-Demostrarlles confianza en nós e eles mesmos; evitar xulgar, rirse ou castigar.
-Mostrarnos gustosos de que nos pregunten.

-No sexamos dramáticos.
-Se evitamos os temas, afaranse a gardarse as súas preocupacións



PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN


EDUCAGÉNERO: Educación sexual, género e  convivencia

Recompilatorio de guías e materiais didáctico para a educación afectivo-sexual para secundaria, no blog "Entre pasillos y aulas", do que se pode obter información de interese tamén para o alumnado de primaria.

Materiais recollidos no apartado de Educación afectivo-sexual da páxina do MECD.

Aula Virtual do CEP Castilleja de la Cuesta con materiais sobre o tema.

Recompilatorio "Educación sexual y familia" do blog + Educación por favor.


PARA AS FAMILIAS
La educación sexual de la primera infancia
Guia do MECD para familias e profesorado de E. infantil

La educación sexual de niñas y niñoas de 6 a 12 años.
Guia do MECD para familias e profesorado de E. Primaria.

Educación sexual para nuestros niños y niñas de 0-6 años.
Presentación de M del Carmen Hernández.

¿Hablemos de sexualidad con nuestros hijos?
Aprende y Educa. CEAPA

¿Hablas de sexualidad con tus hijas e hijos?
Programa de prevención de embarazos na adolescencia, con información válida a ter en conta con menores.
Federación de Planificación Familiar de España.

¿Como hablar de sexo con nuestros hijos?
Guía de lectura con propostas para todas as idades.


PARA O PROFESORADO
Mi papá me mima
mi mamña patea la pelota.
Del sexismo a la iguadad.  Proxecto Nemesis. Fundación Mujeres.

Construyendo la igualdad prevenimos la violencia de género.
Comunidade de Madrid.

Educación afectivo-sexual na Educación Primaria.
Guía para o profesorado. Junta de Andalucía.

Programa de eduación Afectivo-Sexual no ámbito escolar.
Yo cuento, tú pintas, ella suma.  Principado de Asturias


Recursos e informacion facilitada por AGaSEX, da rede e do blog Esc. Carmen Vera Arenas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario