ACOSO ESCOLAR:TOLERANCIA CERO

domingo, 14 de xaneiro de 2018

PROTOCOLO IDENTIDADE DE XÉNERO

A Consellería de Educación ten publicado un protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a libertade de identidade de xénero.

O seu obxectivo é  poñer a disposición dos centros educativos unha serie de medidas que guíen as actuacións en materia organizativa e de resposta do sistema educativo, para facilitar unha resposta unánime que garanta o dereito á identidade de xénero.
Imaxe no blog: construyomirealidad.blogspot.com.es

Premendo na imaxe podemos acceder ao material didáctico sobre transexualidade elaborado por "Chysallis", asociación de familias de menores transexuais.

Vía: Orientación en Galicia

Recollemos estas tres guías didácticas:

Guía para traballar a diversiade afectivo-sexual e de xénero. Publicada por Steilas.

Guia para xoves transexuais e a súa familia.

Guía didáctica HDT ("Hablemos de Transexualidad"), publicada pola Asociación vasca para a defensa e a integración das persoas transexuais.


                      

Ningún comentario:

Publicar un comentario